viernes, 10 de febrero de 2012

O Paseo Fluvial de Outes


O paseo fluvial de Outes atravesa o centro do pobo, cunha vexetación na que predominan os castiñeiros e as especies autóctonas.
Percorre a beira do río Tines, comenzando na Casa da Cultura, onde se atopa o parque infantil Os Muíños.
Atravesa todo o núcleo urbano, e podemos atopar varios muíños antigos restaurados, así coma merendeiros e barbacoas.
O seu percorrido é de arredor de dous quilómetros e remata no parque infantil de Vistalegre. Aquí podemos atopar un pequeno estanque con moitas rás e unha ponte peonil para cruzar o río.
Este paseo é moi transitado polos deportistas e as persoas da terceira idade, que tamén poden disfrutar dun parque especial para as súas condicións.

Por: Alvaro García

No hay comentarios:

Publicar un comentario