martes, 26 de febrero de 2013

Semana de froita no I.E.S. Poeta Añón



Hoy 25 de Febrero, empieza la segunda y última semana del reparto de fruta gratuita para todo el alumnado. Nuestro centro, IES Poeta Añón , participa en un programa financiado con fondos europeos desde hace varios años. El objetivo de este programa es fomentar el consumo de fruta fresca y favorecer una alimentación más saludable.
¡Animaros está buenísima y es gratis!.

Por: Sisi Wang

viernes, 25 de enero de 2013

Outes F.C.



O novo entrenador do Outes F.C

O Outes F.C fichou un novo entrenador, duro e con carácter que esperemos que nos axude a remontar esta liga, índa que xa estemos a metade de temporada.
O equipo esta empezando a coller forma fisica, e xa non se cansan tanto durante o partido. No primeiro partido que fixemos co novo entrenador foinos ben, ainda que perdemos,a derrota foi solo por dous fallos tontos que xa estan arranxados.
Agora mesmo estamos 17º e esperamos ascender a 5º ou 4º.

Por: Adrián Ruibal

miércoles, 12 de diciembre de 2012

Visita al teatro en Santiago


Los alumnos de 3º y 4º ESO del IES POETA AÑÓN, fuimos el 21 de noviembre a ver en Santiago la obra de teatro en inglés ¨Sherlock Holmes¨ . La función fue difícil, me enteré poco pero me gustó. Después dimos un paseo por el casco antiguo y visitamos la catedral, ésta es grande, bonita y con muchos peregrinos y visitantes.!Fue una excursión divertida!

Por:Sisi Wang

jueves, 29 de noviembre de 2012

Outes F.C.




Unha nova temporada empezou para o Outes e parece que pinta ben: de 6 partidos solo perdeu 2 e gañou 4. No último partido chegou a segunda derrota do equipo perdendo por 3-0 contra o Fisterra. O equipo espera que esta derrota sirva para motivalos para que no próximo partido descarguen a rabia acumulada pola derrota pasada. O Coristanco será o próximo rival pero o Outes conta coa volta do delantero José que intentará axudar ao equipo tanto como sexa posible. Esperemos que esta temporada lle cunda ao Outes e que polo menos chegue aos cinco primeiros puestos da liga e Sergio Lado se recupere da súa lesión de espalda e volva ao terreno de xogo.

Por: César Lago

jueves, 15 de noviembre de 2012

C.F. OUTES INFANTILES



No clube de fútbol de Outes, os entrenamentos dan boas vibracións para o comezo da liga. Os entrenamentos entre semana estanse desenrolando con normalidade, é unha mágoa que a lesión do porteiro titular Aaron Antelo lle impida xogar o comezo dunha temporada que parece prometedora.
No partido do sabado 7, xogado no campo municipal de Muros a mañá, empatamos, grazas á remontada que fixemos en 15 minutos. O porteiro titular foi David Gorgal, anterior porteiro dos infantiles, agora dianteiro. O C.F. Muros adiantouse na 1ª parte con 3 goles, ao empezar a 2ª parte o C.F. Outes espabilou e anotou 3 magníficos tantos, obra de Adán Miranda e outros xogadores. A nosa defensa tiña faios, pero a pesar diso puidemos empatar un compricado partido.

Por: Adrian Ruibal

viernes, 8 de junio de 2012

Coidemos o entorno


Parece mentira que as persoas ainda non estemos concienciadas de todolos problemas que conleva todo isto á natureza. No só perxudica aos animais, ao final, tamén nos perxudica a nós, ás persoas, que somos os que vivimos aquí.
Nós somos os que queremos un planeta limpo e debemos contribuir en mantelo tan cual o queremos.
Despois de todas as campañas, documentais, etc. non é normal que na natureza se vexan  cousas así.


Poñendo todos un pouco da nosa parte podemos coidar o medio ambiente, si nós non o facemos ninguén o fará por nós.

Fotografías: Espiñeiro, A Serra de Outes.

Por: Vicky Antelo  e Aida Arias.

jueves, 12 de abril de 2012

Poetas de Outes-Pepa Nieto

Poeta, escritora, artista e investigadora. Naceu en Outes, A Coruña (España). Reside en Madrid desde hai varios anos. Centra os seus estudos no coñecemento das linguas inglesa e alemá, así como en literatura, cerámica  e escultura. 


Creo que o estilo da miña poesía adoita ser, por regra xeral, intimista-amorosa, dentro dunha linguaxe coloquial e á vez solidaria, con recursos metafóricos e unha abundante riqueza de imaxes. Por outra banda, algúns críticos coinciden en sinalar, que xorde de inmediato nos meus poemas, a autenticidade e a beleza. Aínda que parta de expresar o amor cara a unha persoa concreta, como se percibe claramente o o meu libro "Vencida por Setiembre", iso suxíreme estender ese amor cara aos demais seres ou cousas, que é o caso de "Como  cinza". Neste libro pódese ver a miña gran preocupación por un mundo deshumanizado e inxusto: as guerras, a pobreza, a destrución do Medio Ambiente e un longo etcétera de cousas coas que de ningunha  maneira podo estar  conforme.  É unha poesía xurdida dun interior vital que obriga a transcender  o meu "eu" uníndome con todos os que sofren nese mundo hostil que os marxina.  Coincido con Pascual García, do xornal A Verdade (Murcia), cando na súa crítica sobre "Como cinza", di: "A Pepa Neto desbástenlle os mortos do tempo, os mortos da verdade e a mortos da fame da guerra. Hai  na poesía fúnebre da escritora  galega un humus existencial e unha angustia unamuniana que nos conduce irremediablemente ao sentimento tráxico da vida".
Dalgunha maneira utilizo a poesía para facer denuncia daquilo que creo non debería suceder no noso planeta.  No meu libro Antes e despois, o mar está patente, sobre todo na terceira parte e última  do libro, a miña oposición ás agresións que por parte do home, ou os seus descoidos, sofren os nosos mares.
É dicir que, en parte, a miña poesía é tamén social e cun lirismo bastante acusado, sen que unha gran parte da obra estea exenta dunha importante relixiosidade.(Ler máis)