lunes, 12 de diciembre de 2011

O monte Tremuzo."Comendo entre toxos"

 


O monte Tremuzo está situado a pouco máis dun km do Cruceiro de Roo. Alí, está o Miradoiro situado na cima do Monte Tremuzo, de 525 m de altitude. Contorna marítima-forestal. Contémplase, en toda a súa extensión, a ría de Muros-Noia. Se o día é claro vese o tramo final do río Tambre, a desembocadura do Tines na enseada do Engano, que une as súas augas neste lugar ao anterior, a punta de Corrubedo, o anfiteatro montañoso da Serra do Barbanza e a vila de Muros co Monte Louro de vigía. A poucos metros da cima acondicionouse unha área de recreo.

Esta área de recreo hoxe en día atópase nun estado deplorable totalmente abandoada.
Este merendeiro atópase na ladeira do monte e dende alí pódense ver unhas magnificas vistas da ría e da poboación que as rodea. Pero dende hai un tempo o acceso a el e moi dificil e a auga da fonte desvíase e acaba debaixo da única mesa que se atopa en condicións. Gustaríame que se arranxe e poidamos pronto disfrutar outra vez de ese magnífico lugar perfecto para o descanso e o disfrute de todas esas persoas que o visitan.

Por: Javier Beiro


jueves, 17 de noviembre de 2011

Amanecer parte 1

O vindeiro 18 de novembro estrease a primeira parte da cuarta entrega da saga 'Crepúsculo', que dirixe Bill Condon.


Sipnosis: Na primeira parte de 'Amanecer' celebrase a esperada boda de Bella e Edward. Tras o enlace ambos vanse de lúa de mel,  unha paradisiaca isla, onde manteñen relacións sexuais por primeira vez. Días despois, Bella descubre que está embarazada, e que a súa tripa va crecendo a un ritmo vertixinoso. Debido a que o bebé que están a enxendrar é mitade humano mitade vampiro, desátase un temor xeneralizado no clan dos homes lobo, pero tamén no aquelarre dos vampiros.
Xa que se lles acababa a fonte de cartos e decidiron facer a última entrega en dúas partes, pensáse que ainda así sera unha locura xa que millóns de fans acudiran a todos os cines de españa para ver o estreno.
Circula pola Rede a reportaxe exclusiva de Amanecer parte 1' que emiteu Entertainmet Tonight, no que se recollen varias entrevistas os protagonistas Kristen stewart, Robert Pattinson y Taylor Laurent ,e momentos inéditos da rodaxe da cinta. Bill Condon foi o encargado de sentarse na silla do director nesta última entrega da saga inspirada no best-seller de Stephenie Meyer, que estrearase nos cines, o vindeiro 18 de novembro, dividida en duas películas.

Por: Lucía Trillo

martes, 15 de noviembre de 2011

Alfonso Oreiro, palista da Serra de Outes

Clube nautico O'MUIÑO

Alfonso Oreiro (A Serra de Outes, 2 de marzo de 1991) subcampeón en k2 junior na Copa do Mundo de Maratón disputada en Dinamarca, sen dúbida unha gran actuación no debut internacional do noso deportista que se suma a unha importante lista de internacionais vestindo a camiseta do clube. Lidia, David, Paulino, Perucho.
Despois de formarse nas categorías menores do Taxamar de Outes, o club da súa vila natal, Oreiro emigrou para crecer deportivamente. Así, fai catro tempadas, xunto co seu compañeiro o canoísta Joaquín Boisa, integrouse na entidade de Ribadumia.
Xa militando nas filas do club pontevedrés, ambos lograron importantes éxitos tanto na orde autonómica como no nacional. Así, o pasado curso, Alfonso Oreiro fíxose con dous subcampeonatos galegos en pista (K-2) júnior; foi campión de Galicia e subcampión español en K-2 cadete e triunfou en varias probas de ríos e travesías
.(ler máis).

lunes, 14 de noviembre de 2011

OUTES F.C.



OUTES F.C.

O Outes segue  invicto, durante todos os partidos que leva feito ate agora ainda non coñece a derrota. A chegada de Veleiro tras a súa recuperación do ombro deulle 2 goles salvadores de 2 partidos: un gañado e outro empatado pero Samuel Nieto lesionouse a clavícula esquerda contra o Santa Comba.
O próximo partido será contra o Porteño fóra da casa e o Outes irá a por todas.

Por: César Lago Carrillo.

lunes, 7 de noviembre de 2011

Aarón Filgueira



Aarón Filgueira Martínez é un piloto de automovilismo, natural da Serra de Outes (A Coruña, Galicia), nado o 1 de xaneiro do 1993. 
Iniciouse no Karting á idade de 4 anos. Na súa primeira competición quedou 6º e 5º clasificado, entre 10 participantes maiores que el, nunha proba organizada en 1999 por Marc Gené en Santiago de Compostela, cando tiña 6 anos. No ano 2001 participa no Campionato Galego de karting por primeira vez participando só en dúas carreiras, quedando 5º e 4º (Circuíto urbano A Golada, e Circuíto París Dakart, respectivamente). Este campionato gañaríao dúas veces, en 2005 e 2006, sendo subcampión de Galicia os anos 2003 e 2008.
No 2009 participa no Campionato de España de karting disputando 4 carreiras. Cun Kart antigo e sen opcións de competir en igualdade de condicións, acabou 19º, 18º e 15º, abandonando nunha carreira por rotura.( Ler máis)

Arximiro Suárez Ferreiro

Arximiro Suárez Ferreiro naceu en Outes no ano 1905, pero a súa profesión de mestre fíxoo vivir durante moitos anos en Noia, onde morreu no ano 1960 e onde gañou unha merecida sona de pintor que espallou a través de numerosas exposicións por toda Galicia (Muros, Rianxo, Santiago, Pontevedra, A Coruña , Vigo), Asturias e Madrid.


Obtivo o primeiro premio no concurso nacional de Debuxo celebrado en Madrid entre educadores artistas.
Especializado no debuxo arquitectónico, recolle nos seus cadros toda a arte dos monumentos composteláns, así como os máis fermosos recunchos da nosa comarca. Os seus debuxos a pruma, eido no que conseguiu os seus máis grandes logros, teñen unha forte personalidade e evidencian un maxistral dominio da técnica, que levou tamén con éxito pola súa notable beleza, á acuarela, ao óleo e ao gravado, sempre de grata contemplación.(Ler máis)

jueves, 3 de noviembre de 2011

Últimos estrenos no cine

Detrás das paredes

Will Atenton (Daniel Craig) deixa a súa exitosa carreira de editor en Nova York para trasladarse coa súa muller Libby (Rachel Weisz) e as súas dúas fillas a un pequeno pobo de Nova Inglaterra, pero logo descubrirá que a casa que habitan foi o escenario dun terrible asasinato. Investigando as causas da traxedia, Will coñece a Ann Paterson (Naomi Watts), unha veciña que coñecera á familia que morreu na casa.





















Footloose

Remake da película do mesmo nome que narra a historia dun pobo onde se prohibe bailar rock & roll aos xovenes. O motivo está relacionado cunha traxedia ocurrida algúns anos antes. A ese pobo chega un mozo apaixonado polo baile, que fará que os xovenes do lugar se rebelen contra esa situación e reivindiquen o seu dereito a disfrutar da vida.

http://www.youtube.com/watch?v=xE8h7iab1iY




















Habemus Papam

O novo Papa elexido sofre un ataque de pánico xusto antes de saír ao balcón da basílica de San Pedro para saudar ós que esperaron pacientemente a decisión do conclave. Os seus conselleiros incapaces de convencelo de que é o home adecuado para o traballo, buscan axuda dun renombrado (e ateo) psicoanalista. Pero o medo á responsabilidade é algo que debe afrontar por si mesmo.






















Melancolía

Justine (Kirsten Dunst) e Michael (Alexander Skarsgård) celebran a súa boda cunha suntuosa festa na casa da súa irmá (Charlotte Gainsbourg) e o seu cuñado (Kiefer Shutherland). Mentras tanto, o planeta Melancolía dirixese á Terra...





















Tiburón 3D: A presa

Un grupo de estudiantes que está pasando un divertido fin de semana nun lago atópase coa desagradable sorpresa de que está infestado de tiburóns...





















Un golpe de altura

Un millonario (Alan Alda) estafou ós seus empleados, e estos, encabezados polo xerente do edificio (Ben Stiller) no que vive, deciden vengarse atracando o seu apartamento.




















Verbo

Sara é unha xoven que non consigue entender o mundo no que vive. Intentando atoparlle un sentido á vida, chegará a un misterioso lugar no que emprenderá unha gran aventura: trátase dun universo paralelo, escuro e fantástico, donde a vida e a morte penden dun fío.



Por: Sergio Mayo e Lucía Trillo

viernes, 28 de octubre de 2011

Outes F.C.




Outes F.C.

Netes cinco partidos o Outes logrou, 3 victorias, 2 empates e 0 derrotas.Leva unha boa tempada respecto as outras e só viu 2 tarxetas amarelas (Álvaro Noya e Samuel Pensado). A sua mellor vitoria é de 11-1 na casa. O máximo goleador do equipo é Manuel González e Paullo Henrique cun gol por partido seguidos por Veleiro (4 goles na liga) recen recuperado dunha lesión no ombro dereito.

Calendario cos resultados:

Outes F.C. 11-1 Muxia C.D.
Malpica F.C. 1-1 Outes F.C.
Outes F.C. 4-0 Sporting Zas
Camariñas C.F. 0-3 Outes F.C.
Outes F.C. 3-3 U.D. Cee
Muros S.D. Sig.part. Outes F.C.


Por: César Lago Carrillo.

O Concello de Outes declarará o 2012 como ano de Francisco Añón

                    



A corporación acordou por unanimidade adicar o próximo ano á promoción de actividades culturais ao redor da figura e obra do escritor outiense ao cumprirse o douscentos aniversario do seu nacemento.(Ler máis).

Francisco Añón, naceu en Boel, (Serra de Outes), o 9 de outubro de 1812. A súa infancia aldeá está evocada no mellor dos seus poemas: Recordos dá infancia. Na súa mocidade tivo que fuxir a Portugal tras o levantamento de 1848. Alí viviu sete anos ata que foi expulsado pola publicación da súa "Hymno dos Povos" en portugués.  
Percorreu Francia e Italia. Volto a España, residiu en Andalucía tres anos, traballando en xornalismo e ensino de idiomas.
Nos Xogos Florais da Coruña de 1861 presenta o seu poema A Galicia, o cal é premiado, ademais de ter a virtude de ser o único presentado en idioma galego.

O poeta pasou os seus últimos anos en Madrid, pobre e enfermo. Faleceu en 1878.

viernes, 21 de octubre de 2011

Duchas de auga fría



No I.E.S Poeta Añón a auga das duchas dos vestiarios, tanto o de homes como o de mulleres, sae fría e tarda moito en quentar, e cando se abren as duchas nun vestiario no outro sae moi fría. Ademáis, os rapaces e rapazas baixamos suando producíndose un cambio de temperatura tan brusco que pode ser perxudicial para a nosa saúde, e ainda peor agora que ven o inverno. Esperemos se arranxe pronto este problema.

Por: Javier Beiro

lunes, 17 de octubre de 2011

Axudando á pesca artesanal




A ría de Muros-Noia. Din que é unha das máis produtivas e que a biodiversidade na zona é moi elevada, chegándoa a describir como un dos paraísos mariños máis importantes de Galicia. A visita de Greenpeace  realizouse porque nela queren establecer unhas 20 granxas de salmón que acabarían coa produtividade da zoa. (Ler máis)

Blogpost por Celia Ojeda - octubre 16, 2011 en 11:25

Coñecendo Outes



Outes, ao atoparse nun marco xeográfico tan especial, alberga gran variedade de formacións xeolóxicas que conforman unha paisaxe de contrastes e matices únicos.
O trazo máis significativo do relevo outiense é o gran número de montes que se levantan por case a totalidade da súa superficie, así como a súa elevada altitude que destaca sobre as suaves ondulacións dos municipios limítrofes. Existen cinco cumes que roldan os 500 metros, sendo o Monte Tremuzo o punto máis alto do concello, que, dominando dende o seu impoñente perfil toda a ría de Noia, serve de fronteira entre as parroquias de Outes, Sabardes e Roo.
O río máis importante é o Tambre, que chega a Outes despois de percorrer 84 Kilómetros, e que fai de fronteira con Noia no seu último tramo. Desembocan no Tambre os ríos de Laxoso, de curto percorrido por Cando, e o Doas, que vindo dende Negreira cruza cos seus máis de 12 kilómetros de lonxitude todo S. Ourente e termina en Ponte Nafonso.


http://www.youtube.com/user/gallego1707

A ponte de Afonso II



Achegámonos hoxe a este lugar entre as parroquias de Roo (Noia) e Cando (Outes). Atravesamos a ponte que Afonso II o Casto mandara construír sobre o Tambre. Foi un punto neurálxico de tránsito nesta zona até que se construíu a ponte de Ceilán.

http://www.youtube.com/user/anosaterraTV

jueves, 13 de octubre de 2011

Actividades para disfrutar en Outes

O CONCELLO DE OUTES, a través das Concellerías de Cultura e Deportes, Asuntos Sociais e Dependencia a Muller, Igualdade e Educación e dos departamentos de animación sociocultural e normalización lingüística e o Centro Social, dentro do programa de actividades de ocio e tempo libre, oferta unha serie de actividades, as cales serán nomeadas a continuación:

CURSOS E TALLERES
1.- Bailes de Salón.
2.- Pintura.
3.- Baile Rexional.
4.- Gaitas e Percusión.
5.- Pandeireta e Canto Rexional.
6.- Corte e Confección.
7.- Manualidades e Restauración (por parroquias).
8.- Animación nas Parroquias.
9.- Contacontos.
10.- Ludoteca.
11.- Club de Lectura.
12.- Cursos de Informática.
13.- Un aula de ordenadores aberta ao público con acceso a internet.

ACTIVIDADES CULTURAIS
1.- XVII Encontro de Habaneras.
2.- Exposicions de pinturas.
3.- Campionato de trompos e magosto.
4.- Concurso de postais de Nadal.
5.- Cine no Nadal.
6.- Festa infantil no Nadal.
7.- Outono teatral.
8.- Espetáculo de maxia.

ESCOLAS DEPORTIVAS
1.- Fútbol Sala
2.- Tenis de mesa
3.- Xogos infantís
4.- Multideporte e xogos populares
5.- Fútbol
6.- Piragüismo
7.- Liga de fútbol sala de Outes.

CENTRO DE INFORMACIÓN AS MULLERES
1.- Programa “Gañamos coa igualdade”
2.- Programa “Conto contigo”
3.- Talleres “Ioga da risa”
4.- Representación teatral
5.- Contacontos
6.- Busca de emprego, edición dixital e tratamento de imaxe
7.- Xampaña 8 de Marzo. Día internacional das mulleres
8.- Obradoiro de memoria para maiores de 45 anos.

EDUCACIÓN FAMILIAR
1.- Taller de competencias básicas
2.- Talles de técnicas de traballo intelectual

Por: Aida Arias e Andrea Sieira.

viernes, 7 de octubre de 2011

IV Marcha BTT da Serra de Outes


O 9 de outubro, terá lugar a cuarta edición da marcha da Serra de Outes.Este ano haberá dous percorridos, un longo de 47 km aproximadamente cunha dificultade media/alta tanto fisica como tecnicamente, cun desnivel acumulado de 1841metros.
O segundo duns 30km  e dificultade media cun desnivel acumulado de 933metros.
As inscricións faranse a partir de mediados de setembro e seran gratuítas, este ano auméntanse a 300 as prazas, debido a que en anteriores edicións, quedaron moitas persoas fóra por falta de prazas.
Na miña opinión é unha boa iniciativa, pero non me parece ben que os menores de 16 anos non poidan participar neste evento.Gustaríame saber o motivo.

Por: Julián Molinos