viernes, 2 de marzo de 2012

Os campos de fútbol nas aldeas de Outes


POR UN BO CAMPO DE FÚTBOL

Todos os veciños de Outes coinciden en que practicar deporte e bo para a saúde, ¿pero, como imos xogar o fútbol ou o baloncesto se en Bendimón as porterías e canastas están nun estado deplorable?
As porterías teñen moitos anos, e ademais son de madeira, que esta podre debido o tempo que teñen. Unha das porterías que temos caeulle o poste e os rapaces tivemos que ir o monte a por un tronco de eucalipto para sustituir o vello e poder xogar.
Tamén temos o que queda das canastas, porque unha esta sen aro e a outra caeulle o taboleiro.
So pedimos unhas porterías e unhas canastas novas nas que poder xogar.

Por: Javier Beiro París.

Fútbol na barranqueira



Para poder disfrutar dun partido de fútbol cos amigos hai que acudir ao campo do concello xa que o estado dos que hai nas aldeas é lamentable. Un caso concreto é o de Ribademar no que o campo de asfalto está situado xusto ao borde dun barranco podéndose apreciar a súa base. Outro dos seus inconvintes é o acceso; que non sei aínda como se sosten a porta de entrada ó campo, e por non falar do campo de silveiras e xesteiras que o rodean, entrando incluso ó campo. Pido que aranxen o campo para que os rapaces da zona poidan xogar nel.

Por: Martín Manuel Gómez