viernes, 10 de febrero de 2012

OUTES F.C.

OUTES F.C.

O Outes leva bos resultados nos partidos anteriores e agora lévalle 6 puntos á Esteirana firmando unha gran remontada na casa contra o Camariñas F.C.
 Agora chégalles un fin de semana de descanso para repoñer forzas e despois volverán máis repousados para o próximo partido, aínda que se están a oír rumores dun partido amistoso este fin de semana para non perder práctica no xogo en equipo, todo depende do entrenador Carlos.
Ata aquí a reportaxe desta semana.

Por: César Lago Carrillo

O Paseo Fluvial de Outes


O paseo fluvial de Outes atravesa o centro do pobo, cunha vexetación na que predominan os castiñeiros e as especies autóctonas.
Percorre a beira do río Tines, comenzando na Casa da Cultura, onde se atopa o parque infantil Os Muíños.
Atravesa todo o núcleo urbano, e podemos atopar varios muíños antigos restaurados, así coma merendeiros e barbacoas.
O seu percorrido é de arredor de dous quilómetros e remata no parque infantil de Vistalegre. Aquí podemos atopar un pequeno estanque con moitas rás e unha ponte peonil para cruzar o río.
Este paseo é moi transitado polos deportistas e as persoas da terceira idade, que tamén poden disfrutar dun parque especial para as súas condicións.

Por: Alvaro García