lunes, 7 de noviembre de 2011

Arximiro Suárez Ferreiro

Arximiro Suárez Ferreiro naceu en Outes no ano 1905, pero a súa profesión de mestre fíxoo vivir durante moitos anos en Noia, onde morreu no ano 1960 e onde gañou unha merecida sona de pintor que espallou a través de numerosas exposicións por toda Galicia (Muros, Rianxo, Santiago, Pontevedra, A Coruña , Vigo), Asturias e Madrid.


Obtivo o primeiro premio no concurso nacional de Debuxo celebrado en Madrid entre educadores artistas.
Especializado no debuxo arquitectónico, recolle nos seus cadros toda a arte dos monumentos composteláns, así como os máis fermosos recunchos da nosa comarca. Os seus debuxos a pruma, eido no que conseguiu os seus máis grandes logros, teñen unha forte personalidade e evidencian un maxistral dominio da técnica, que levou tamén con éxito pola súa notable beleza, á acuarela, ao óleo e ao gravado, sempre de grata contemplación.(Ler máis)

2 comentarios:

  1. Eu son o propietario da plumilla que aparece nesta publicación. O arte de D. Arximiro, como se chamaba antes os mestres, continuouse ca segunda das súas fillas, elena, e na actualidade con Xavier Alvarez, Licenciado en bellas artes, que sendo bisneto de d. Arximiro traballa en Barcelona.

    ResponderEliminar